Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas e rogos PP Viveiro Pleno Abril 2018

Viveiro , a 23 de marzo de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

O grupo municipal do PP de Viveiro, presentabamos no Pleno do 16 de decembro de 2016 un rogo sobre a situación da vivenda número 10, ó carón das vivendas 73 e 74 do barrio das Pallaregas na parroquia de Covas, como consecuencia do aspecto lamentable que presentaba, debido a que estaba en estado de abandono ó falecer fai uns anos o seu inquilino.

A día de hoxe, 16 meses despois, dita vivenda sigue presentando un mal aspecto con abundantes silvas e maleza en xeral, ó que hai que sumarlle a presencia de ratas e outros bichos, circunstancias que provocan una seria preocupación ós veciños colindantes con esta propiedade.

A resposta dada no seu momento pola Sra. Alcaldesa o noso rogo presentado en decembro do 2016 – fai 16 meses – foi que se tería en conta dito asunto para incoar, si procedese, o expediente correspondiente e solventar esta lamentable situación. Dado que tal como sinalábamos anteriormente, a situación a día de hoxe é a mesma, ou incluso peor, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1. Abriuse algún expediente ó respecto para darlle solución a esta situación?

2. En caso afirmativo, en que situación se encontra dito expediente?

3. En caso negativo, por que non se abriu dito expediente?

4. Que medidas pensan adoptar para solventar este problema medioambiental e de saúde que tanto preocupa ós veciños deste lugar?

5. Cando pensan levalas a cabo?

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

No paseo marítimo, na zona conocida como espigón de Covas, é un lugar moi utilizado, tanto por veciños como polos que nos visitan, para pasear como para a práctica da pesca.

Algúns destes usuarios fixeronnos chegar as súas queixas pola falta de papeleiras en todo este tramo do paseo.

Por este motivo e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que realice as xestións oportunas, para a colocación dalgunhas papeleiras neste tramo do espigón do paseo marítimo de Covas.

Exit mobile version