Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas PP Viveiro Pleno 7 marzo

En Viveiro, a 2 de marzo de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Varios veciños da Rúa Misericordia residentes no número 39b e doutras vivendas próximas, dirixironse o noso grupo para manifestarnos a súa sensanción de impotencia ante o abandono que sufren por parte do Concello, ante unha situación que se repite sistemáticamente cada vez que chove.

Ademáis de comentarnos, aportan imaxes moi elocuentes desta situación, motivada cando chove pola auga que baixa polo Camiño dos Merlos e que non é absorbida en condicións polos sumidoiros existentes, o que provoca non so o deterioro das beirarrúas, senón tamén a inundación das mesmas e en ocasións provocando que a auga entre neste portal.

Como consecuencia do anterior, non so as beirarrúas se deterioran e se convirten en piscinas intransitables, senón que a terra arrastrada do Camiño pola choiva depositase na rúa sin que ninguén a limpe, presentando un estado de suciedade lamentable.

Os veciños desta zona teñen comunicado esta penosa situación ó Concello, sin que ata o momento lles teñan dado resposta nin solución algunha. Por estes motivos lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1) Teñen pensado adoptar algunha medida para porlle remedio a esta lamentable situación que padecen estes veciños?
2) En caso afirmativo, que pensan facer e cando pensan facelo?

Exit mobile version