Site icon Crónica3.com A Mariña

Reposición de “Lume na alma”

IMG_8307Este sábado 3, na 1ª Xornada do VI Festi-Val de Cine de Alfoz e Valadouro, recuperouse o filme “Lume na alma”, rodado hai dez anos no Instituto Alfoz-Valadouro e no que participaron máis de medio centenar de actores, entre profesores, alumnos, persoal non docente, etc. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz encheuse con preto de 100 espectadores e moitos protagonistas do filme puideron lembrar anécdotas da gravación. E, posto que o filme trata das ánimas e da Santa Compaña, non puideron faltar as candeas para ambientar a proxección. Incluso o colectivo artístico Terra Branca, implicado tamén neste Festi-Val, gravou un pequeno vídeo resumo do acto, que xa está circulando polas redes sociais. O acto estivo organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro, coa colaboración do Concello de Alfoz e tamén do Grupo Teatral Raiolas.

Exit mobile version