Site icon Crónica3.com A Mariña

Tá en Artes homenaxea a Juan Puchades en Mondoñedo

Mondoñedo 22-3-18. O sábado 24 de Marzo na vila de Mondoñedo inaugurase unha exposición de artistas que foron alumnos/as do escultor nado en Valencia Juan Puchades Quilis. Mestre no IES San Rosendo da capital mindoniense por máis de 45 anos, recibirá a primeira das catro homenaxes que a Asociación Cultural Tá en Artes ten programado neste 2018.
49 obras 17 artistas expoñerán ata o 15 de Maio os traballos que singularizan a traxectoria profesional. Esta mostra será visitada polos centros escolares da Mariña e conta ca edición de 500 catálogos, onde por primeira vez se recopila a obra do artista. O programa do acto será :

HOMENAXE EN MONDOÑEDO.
SÁBADO 24 DE MARZO DO 2018 CENTRO COMARCAL DE MONDOÑEDO (ANTIGA CASA CUARTEL)
ÁS 19:00 HORAS.

ACTO
Elena Candia, alcaldesa
Saúda e dá a benvida
Tá en Artes
Xustifica a homenaxe a Puchades e explica o programa de actos arredor da súa figura.
Exalumno/a que participa na exposición (Miguel Alonso)
Explica a evocación do mestre e as liñas xerais da exposición.
Antonio Reigosa
Comenta-presenta o Libro Homenaxe
Juan Puchades
Elena Candia,
Pecha o acto e convida a visitar a exposición

Exit mobile version