Tras a emoción da competición en Monte Castelo, os equipos completaron a tarde dende a bancada de Vista Alegre, animando na vitoria do Pescados Rubén Burela FS de Segunda LNFS fronte a Manzanares (4-0).
As pequenas promesas mariñás recibiron as súas máis que merecidas medallas, xunto a un agasallo doce, no descanso da cita da Bomboneira, arroupadas polo responsable de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o responsable de fútbol sala da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto; o presidente do Comité Galego de Árbitros de Fútbol Sala, Jacinto Artigas; o alcalde e o concelleiro de Deportes de Burela, Alfredo Llano e Ramiro Fernández; e Rubén Blanco, como patrón de Imdecum.