Este mércores 28, a partir das 18,00 horas, como cada ano, escenificarase o Vía Crucis vivinte na parroquia de Santo Tomé, no Valadouro. Correrá a cargo de xente dos concellos de Alfoz e Valadouro. Trátase dunha actividade programada todos os anos nestas festas de Semana Santa, que comezou a facerse hai algo máis de 20 anos e que dende entón se reproduce cada ano ininterrompidamente. Os actos teñen lugar na subida á Igrexa, onde se atopan as cruces que configuran este Vía Crucis tradicional, nas que os participantes van facendo as paradas correspondentes, rematando no alto, onde se atopa a igrexa parroquial, na que se venera hai xa moitos anos ó Santo Cristo.