Iso pasa dalgún xeito na política, o PP co seu financiamento irregular, esta claro que xogaba dopado, tivo maior e mellor acceso ós mecanismos políticos de chegar á xente. Que pasa con aqueles partidos que fan unha campaña digna co pouco que teñen? pois que non poden competir con unha dopaxe tan forte.
Postas en escena, materiais, espazos publicitarios … todo moito máis doado, pero non deixa de ser unha trampa. Por desgraza son moitas as estrelas do deporte ás que se lle demostrou a dopaxe, máis o final o seu nome segue no olimpo dos campións, non é xusto.
En Galicia estase a xogar unha nova sorte de dopaxe político, legal, pero para min aínda moito menos ético. O seu Doutor-administrador é o mesmo Feijoo. Explícome, é de sobra coñecido pola opinión pública e así o manifestan no PP que nas vindeiras eleccións municipais toda unha lexión de Conselleiros/as van ser os candidatos/as dos Populares en moitas das nosas cidades, e que van chegar a aquela cita nas súas carteiras de xestión dixo Feijoo, de xestión pública claro. Iso non ven máis que a ser un moderno dopaxe, legal, máis non ético. Porque os Conselleiros xestionan o de todos e teñen acceso a mecanismos que o resto de candidatos non van a ter. Xogan dopados eticamente, como o permite o campión Feijoo? pois porque é un tramposo na miña opinión.
Non fagamos coma o COI que sancionou daquela maneira a Rusia, sancionemos o abuso que supón esta práctica do PP, que non ten complexos. Castiguemos o dopaxe e fomentemos a igualdade de condicións a xuztiza do traballo.
O día das eleccións todos os votos valen o mesmo.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.