Os atletas do clube de Viveiro demostraron atoparse en plena forma para correr a maratón, acadando sete metais individuais de veteráns e o subcampeonato galego femenino de veteráns e tamén batindo un record galego a cargo de Manuela Guisasola na categoría de W55, facendo 3 horas 42 minutos e 22 segundos, rebaixando o record galego en casi 3 minutos.
Os medallistas foron: na proba femenina: campeona galega na categoría de W65, Isabel Brea, Manuela Guisasola campeona galega en W55 e Elisa Paz, subcampeona en W55; na categoría masculina: o incombustible Antonio Cabana con 78 anos proclamouse campeón galego cun tempo de 4 horas 28 minutos 7 segundos, Domingo Álvarez foi campeón galego en M65, Eliseo López foi medalla de bronce en M65 e Emilio Toral foi medalla de bronce en M60.