Site icon Crónica3.com A Mariña

A Adala actúa este domingo en cordido dentro do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias do Concello de Foz

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa para este domingo, día 22, teatro en Cordido. A representación, incluída no ciclo Teatro Afeccionado nas Parroquias, correrá a cargo do grupo A Adala, de Fazouro, que porá en escena a obra Elixir de xuventude. A función terá lugar no local do centro social A Tilleira, de Cordido, a partir das 18:30 horas. Organiza o Concello de Foz e Asociación de Veciños de Cordido.

Exit mobile version