Site icon Crónica3.com A Mariña

A Copa Galicia espérate en Ferrol. Ven con nós!

Burela 24-4-18. O Pescados Rubén poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para as semifinais da Copa Galicia (Ferrol, luns 30 de abril). O custo será de 20 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as.
As persoas que así o desexen deberán apuntarse na nova sede do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta 10) e terán a posibilidade de facer reserva provisional no suposto de que o Pescados Rubén acceda á final (luns 1 de maio, 19.00 horas).
Horarios:
Saída: Luns 30 de abril, Vista Alegre (cafetería), ás 17.00 horas
Destino: A Malata (Ferrol)
Semifinal 1: Pescados Rubén Burela FS-O Esteo FS (19.00 horas)
Semifinal 2: Santiago Futsal-O Parrulo (21.15 horas)
Regreso: Ao remate das semifinais
Data límite para apuntarse: Xoves 26 de abril, 17.00 horas
Ata o xoves 26, á mesma hora, tamén estará aberto o prazo para anotarse para o desprazamento da última xornada de liga, a Noia (sábado 28), por 10 €/persoa.
Saída: Sábado 28 de abril, Vista Alegre (cafetería), ás 14.30 horas
Destino: Pavillón Municipal de Noia
Partido: Noia Portus Apostoli-Pescados Rubén Burela FS (18.00 horas)
Regreso: Ao remate do encontro

Exit mobile version