Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación Municipal de Cultura de Burela en colaboración coa Rede de Teatros e Auditorios de Galicia e AGADIC presentan a Cía. Baobab Teatro coa obra “Baila Roque, baila”

Burela 20-4-18. Baobab Teatro é unha compañía que nace a finais do 2010, pero os seus componentes: Andrea Bayer e Oscar Ferreira teñen unha amplísima experiencia no eido do teatro infantil despois de ter pasado por diferentes compañías, Teatro Akatro, Galitoon…
Andrea Bayer é coñecida no mundo teatral por ter dirixido e escrito diferentes espectáculos como “Golulá” (Premio ao mellor espectáculo infantil na X Feira de Ciudad Rodrigo, Premio ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Rivadavia, Espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX edición de Programación de Domingos do Principal 2008), Babiliglub, Rosalía, a pulga que escribía…
Oscar conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, constructor de monicreques, escenografías e ten participado en diferentes espectáculos teatrais (“Que medo, que medo”, “Golulá”,”Babiliglub”…), así como en programas de T.V. (Luar, Nika, Cousillas, Os Bolechas…)
Foron Premio Barriga Verde polo texto teatral “O Lobo a a Lúa”, Premio ao “Mellor espectáculo para público infantil e familiar na feira de Castilla e León polo espectáculo “Luppo”.
“Baila Roque , baila” é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.
Andrea , desta vez, estará acompañada deste simpático personaxe, Roque , que nos fará rir, bailar e soñar.
A función principiará ás 18 horas do sábado, 21 de abril, e esta recomendada para todos os públicos. A entrada será de 3 euros.

Exit mobile version