Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación Municipal de Cultura, presenta este venres, 13 de abril, ás 21:00 horas ao Grupo de Teatro O BORDELO de Cervo coa obra “O Malquerer”

O Malquerer, é unha comedia escrita e dirixida por Francisco Piñeiro. Protagonizada por Dolores Viamonte, Mª Paz Rodríguez, Antonio Gónzalez, J.Manuel Gónzalez , Xosé Vicente Mon e polo propio director Francisco Piñeiro. Enmarcada na liña dun teatro comprometido coa mellora das circunstancias sociais contemporáneas pretende ser unha peza cómico-reflexiva que permita ao espectador observar a realidade de tal xeito que remate rindo do que a cotío convida a chorar. A función principiará ás 21 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Adicado a todos os públicos e con entrada libre.

Exit mobile version