Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación Municipal de Cultura, presenta este venres, 20 de abril ás 21 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela ao Grupo de Teatro Pico do Casto coa súa última obra “Matías está Tolo”.A entrada será libre e para todos os públicos

Trátase dunha comedia de enredo, onde Matías esperta cunha estraña muller no seu apartamento, Patricia, quen lle asegura que el a convidou a aloxarse por unhos días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana –a moza que lle interesa-, da que está namorado e é ademáis a súa veciña, e está disposto a entregarlle todo o seu amor; pero está a súa nai , muller sobre protectora, en grado extremo.
Entradas e saídas permanentes caracterizan esta comedia de enredo que atraen ao espectador en máis dunha hora de disparatadas situacións. Este espectáculo apunta a un público que desexa pasar un momento distendido e agradable disposto a mergullarse en risas e diversión.

Exit mobile version