Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Burela ofreceu esta mañá dous concertos didácticos. Un no CEIP Virxe do Carme e outro no CEIP Fondo Nois. As actuacións correron a cargo das orquestras infantil e xuvenil de corda da Escola Municipal de Música

O seu director, Xan Carballal, contou que “ditos concertos, de carácter didáctico, tiveron como obxectivo achegar aos alumnos destes centros o traballo musical que realizan as distintas agrupacións da Escola de Música. Para isto utilizamos un repertorio axeitado que comprendeu obras de distintos autores da época barroca, como son Haëndel e Biber, e tamén obras interpretadas pola orquestra infantil de carácter popular”.

Exit mobile version