Nesta segunda parte o visitante poderá coñecer o estudo das moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.
O monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas e dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, coas exposicións itinerantes a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.