Site icon Crónica3.com A Mariña

A focense Vanessa Ares ofreceulle o cinturón de campioa galega de kickboxing ao pobo de Foz

A focense Vanessa Ares conquistou o campionato galego de kickboxing, na modalidade de low kick e na categoría de menos de 56 quilos, e ofreceulle o cinturón de campioa ao pobo de Foz. Vannesa foi recibida polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, a quen lle agradeceu a colaboración do Concello na organización da velada de deportes de contacto celebrada en Foz o pasado 31 de marzo, evento que serviu de preparación para a participación neste campionato galego de kickboxing. O rexedor municipal felicitouna polo éxito acadado nesa proba autonómica.

Exit mobile version