Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia de Castro de Ouro gañadora das V Olimpíadas interparroquiais 2018

Alfoz, 30 de abril de 2018. O pasado sábado 28 de abril celebrouse a derradeira xornada das V Olimpíadas interparroquiais do Concello de Alfoz.
Os veciños de Alfoz demostraron todo o seu potencial deportivo, cultural e artístico e as súas habilidades nos xogos tradicionais durante a V edición das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz 2018, que remataron o pasado sábado 28 cos xogos populares, onde os veciños competiron en brilé, carreira de carretillas, recollida de carocas e lanzamento de pacas de palla.
Trala suma da puntuación das catro xornadas, a parroquia gañadora desta edición foi a do Castro de Ouro, que a pesar de obter a puntuación máis baixa nesta xornada, acadou os 620 puntos na clasificación xeral. O segundo posto foi para a parroquia de Lagoa con 534 puntos, e o terceiro posto para a parroquia de Carballido con 500 puntos.
Dende a organización agradecer a colaboración de tódalas persoas que axudaron a facer posible esta nova edición das Olimpíadas Interparroquiais, así como a colaboración de tódolos participantes.

Exit mobile version