Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria cualifica de obscena e inherente ao Partido Popular esa opípara comida mentres mariñás e mariñaos están sufrindo os efectos dos recortes nos servizos sanitarios

A Mariña 23 de abril de 2018. A Plataforma Sanitaria ven de cualificar de obscena e inherente ao PP celebrar esas opíparas comidas entre afines e cargos políticos do país e da comarca mentres mariñás e mariñaos están a sufrir as consecuencias directas dos recortes e da camuflada privatización da sanidade pública que se empeñan en “vender” coma máis e mellores servizos ou reforzo dos hospitas comarcais polo feito de desaparecer como Área Sanitaria. Desde a Plataforma Sanitaria destacan tamén o feito de que xa non utilizan a palabra “blindaxe” para referirse aos efectos da lei de saúde sobre as Áreas que suprimen senón que cambian totalmente a semántica da frase co termo “reforzo” que semella máis descafeinado.

Respecto das palabras da alcaldesa Candia afeando a conducta a membros da Plataforma con respecto a ediles do PP de Viveiro e xa que se empeña en seguir con esa teima queremos manifestar que “ se ben cando agardas que as institucións e o goberno da Xunta se impliquen nas xustas reivindicacións dos colectivos cidadáns mariñaos, a raiba e os sentimentos de perda dalgo tan sensible como a sanidade poden aflorar de xeito explosivo, xamáis se poderá comparar coas acción políticas que leva a cabo o PP e que mesmo conduciron á morte de enfermos ao negárselle unha medicación que de ser administrada curaría a súa enfermidade e pola que están a ser xulgad@s altos cargos do SERGAS”- manifestan desde a Plataforma .

A Plataforma Sanitaria tamén quere deixar claro que considera positivo que se fagan obras de ampliación, que son moi necesarias e que levamos a demandar hai moito tempo, pero tamén considera que as obras non deixan de ser fume e propaganda electoralista se non van acompañadas dos conseguintes aumentos de persoal e dos servizos existentes, así como da dotación de novos servizos que son moi necesarios.” Novos servizos significa que se creen a partir da finalización da laureada obra, non os que xa crearon en precario no pasado e para calar a forte contestación social que sempre tiveron na Mariña. E que nos saibamos non hai ningún servizo novo ,pois de habelo temos por seguro que se terían anunciado a bombo e pratiño e o único que escoitamos é a ampliación nos espazos das consultas, unhas cantas habitacións que non redundarán máis que nunhas poucas camas máis, o que desde o PP refiren como aumento da confortabilidade do paciente, e que repetimos que era algo máis que necesario e que chega con moito retraso”-conclúen desde a Plataforma.

Exit mobile version