Site icon Crónica3.com A Mariña

A tempada de Campo de Tiro con Arco Arrinca no Valadouro

O Valadouro 16-4-18. O próximo 21 e 22 de abril arrinca a tempada para as competicións de Tiro con Arco en aire libre no Campo de O Arbol do Valadouro. O Club local Castelarco en colaboración coa Federación Galega de Tiro con Arco serán os encargados de organizar a cita que xa conta con máis de 120 arqueiros e arqueiras inscritos de toda a xeografía galega.
Repartidos en divisións e categorías o sábado pola tarde será a quenda dos aruqeiros tradicionais con arcos espidos, instintivos e Long Bow buscando o amarelo das dianas a unha distancia de 30 metros. Mentres que a xornada do domingo empeza á primeira hora da mañá, sendo as categorías de menores de 14 anos os máis madrugadores, para despois pola tarde dar pasou ás divisións de Arco Recurvo (modalidade Olímpica) e Arco Composto. Sendo as que maior distancia alcanzan no tiro chegando aos 70 metros. No Trofeo está confirmada a participación de membros do Equipo Galego que subiron o máis alto de pódium no Campionato de España disputado en Ibiza no mes de febreiro, mentres que José Manuel García Cordido do Club cervense IADOVI defenderá a posición de Campión Galego en Sala da categoría de Recurvo Veterano. O Club Castelarco do Valadouro fai un esforzo por achegar este tipo de competicións á Mariña e ensinar un deporte no que Galicia está a demostrar un gran nivel en competición Nacional como en Competicións Internacionais. O trofeo é puntuable para a clasificación a o Campionato de España de Aire Libre que se disputara en Moron da la Frontera (Sevilla) no mes de Xuño. Ademais esta validado pola Federación Internacional para a obtención de Medallas RFETA e WA.

Exit mobile version