Site icon Crónica3.com A Mariña

A Tradescola organiza un novo concerto didáctico de música tradicional para escolares no CEIP Celso Currás de Trabada

Nadal_trad

Lugo, 13 de abril de 2018. A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase ata Trabada, concretamente ao CEIP Celso Currás para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o luns día 16 de abril ás 10:15 horas. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Paula Fernández, Carme López e Branca Villares, amosaráselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, bailes e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego nos distintos ámbitos da sociedade, e a través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos amosar esta riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que todos e todas as escolares poden participar de xeito activo con preguntas e aportacións, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Exit mobile version