Site icon Crónica3.com A Mariña

A Tradescola organizou un novo concerto didáctico de música tradicional para escolares no CEIP Celso Currás de Trabada

Lugo, 16 de abril de 2018. A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegouse ata Trabada, concretamente ao CEIP Celso Currás para impartir unha nova xornada de música tradicional. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Neste concerto, que estivo impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Paula Fernández, Carme López e Branca Villares, amosaráselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, bailes e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego nos distintos ámbitos da sociedade, e a través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos amosar esta riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que todos e todas as escolares poden participar de xeito activo con preguntas e aportacións, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Exit mobile version