Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta aproba de xeito definitivo a solución técnica para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro

Viveiro, 11 de decembro de 2017.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba de xeito definitivo a solución técnica promovida polo Goberno galego para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá por finalizado o procedemento que autoriza a redución da liña límite de edificación da estrada autonómica LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira do Valadouro (LU-160) no treito situado entre os puntos quilométricos 2+430 a 2+690, de tal xeito que a factoría xa non invade o espazo reservado a esta estrada autonómica.

O remate deste proceso contribúe a apiar a continuidade e futuro dunha das empresas máis importantes da zona, tanto polo número de empregos que xera como pola actividade económica a ela aparellada. De feito, a administración autonómica tomou a iniciativa e quixo buscar unha solución a unha situación que se estaba prolongando no tempo e en vista á falta de solucións alternativas. A proposta foi presentada e aceptada polo Concello de Viveiro.

Con esta solución o treito no que se establece a redución de anchura permitirá liberar as edificacións xa construídas pois a situación anterior provocaba inconvenientes entre outras cuestións para obter permisos de obra e impide posibles ampliacións, ou deixa fóra de ordenación espazos industriais en uso.

Exit mobile version