Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta convoca en Viveiro a empresarios, comerciantes e emprendedores a unha xornada informativa sobre axudas e apoios dirixidos a estes colectivos

Viveiro, 21 de abril de 2018. A Delegación territorial da Xunta en Lugo, en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, celebrarán o vindeiro luns unha xornada informativa, para presentar a empresarios, comerciantes e emprendedores da comarca as axudas e servizos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ofrecen a estes colectivos.

No encontro técnicos da Xunta darán conta das distintas liñas de axuda convocadas desde a administración autonómica, así como tamén do mapa de apoios que o Goberno galego elaborou para que os beneficiarios poidan coñecer con anticipación as distintas subvencións dispoñibles e as datas previstas para solicitalas. A Xunta dispón dun amplo e variado catálogo de apoios para impulsar a actividade de comercios e empresas, tanto no relativo aos novos negocios, como con axudas aos que xa están en marcha.

A cita, presidida polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, terá lugar, a partir das 20.30 horas na sala de exposicións do concello vello (actual biblioteca) con acceso libre e gratuíto.

Exit mobile version