Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta impulsa melloras no Colexio Celso Currás de Trabada por importe de 21.000 euros

Trabada, 10 de abril de 2018.-A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa obras de mellora no CEIP Celso Currás de Trabada por importe de 21.000 euros.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen avanzou que se trata de actuacións propostas pola comunidade escolar, pensadas en mellorar os servizos ou as instalacións do centro.

A primeira delas executarse este verán, para evitar interferir na actividade ordinaria do colexio, e suporá a construción da soleira do parque infantil no patio e na instalación dun pavimento de caucho.

En concreto, as obras a executar pola Xunta comprenden, de xeito resumido, os seguintes traballos: a preparación do terreo, recheo, e construción dun muro de bloque de formigón prefabricado, para salvar a diferencia de nivel do terreo; a construción dunha soleira de formigón; a colocación dun pavimento continuo de caucho nunha sola cor; e a colocación dun bordo.

“Así os 39 alumnas e alumnos de infantil e primaria do centro, especialmente os máis pequenos, disporán deste espazo de xogo do que poderán facer uso nos tempos de recreo”

A administración autonómica tamén rematou obras de mellora no acceso, en concreto consistiron na motorización do portalón de entrada, incluído mandos e conexión coa instalación eléctrica. Isto permite manter as instalacións pechadas, para ganar en seguridade e tamén a apertura a distancia.

A Xunta de Galicia continúa reforzando a súa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos lucenses, en particular, “obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

Exit mobile version