
As monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Concellería de Medio Ambiente de Burela, acompañaron onte ao alumnado de 2º de primaria do Ceip Vista Alegre nunha ruta para visitar distintos elementos da paisaxe de Burela, do patrimonio natural do concello: fontes e lavadoiros, cabozos, castiñeiros centenarios e o hipocausto romano. Segundo explicaron as monitoras de Gaia “con esta ruta os rapaces achegáronse aos costumes, forma de vida e historia dos nosos ancestros, a cómo vivían, cómo ganaban a vida, cómo realizaban as tarefas cotiás”. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, destaca que “con estas actividades preténdese preservar e dar a coñecer e valorar o noso patrimonio natural e cultural”.