Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades na UNED de Viveiro

Viveiro 26-4-18. O pasado martes 24 de abril os alumnos da Uned Senior de Viveiro, acompañados polo seu profesor José Manuel Vázquez Lijó, realizaron unha proveitosa actividade formativa que xirou ao redor do patrimonio documental vencellado ao mundo mariñeiro, asunto central do curso que se leva desenvolvendo desde fai varias semanas. Na sede do distrito marítimo de Viveiro, grazas a Daniel, o xefe desta unidade de xestión, e a Vicente Míguez, o principal coñecedor do seu depósito de papeis cheos de historias, o grupo puido consultar unha selección de documentos (roles de embarcacións, libretas de navegación, etc.) e tomar conciencia da importancia deste patrimonio noso. A escasos metros deste local, da man de Mitas, outro alumno deste curso, visitouse o fermoso edificio do Confraría de Pescadores e o seu arquivo, en proceso de catalogación e dixitalización co obxectivo de salvagardar, poñer en valor e difundir elementos constitutivos da nosa identidade mariñeira e, en último termo, da memoria colectiva que compartimos.

Exit mobile version