Site icon Crónica3.com A Mariña

“AGRADECEMENTO DA FAMILIA DE PEPE DE BURÓN POLA HOMENAXE EN FOZ”

Sabemos que parecerá un tópico, pero é o que realmente sentimos e pensamos que é de xustiza. Por iso queremos agradecer publicamente a todos e cada un dos que fixestes posible esta homenaxe e recoñecemento a José Díaz Fernández (Pepe de Burón) en Foz.
Ó Concello de Foz, dende o Alcalde (Javier Castiñeira) ó Concelleiro de Cultura (Ánxel Paleo) e á Técnica de Cultura (Pili López), noraboa polo traballo e a profesionalidade, pero sobre todo grazas polo voso bo trato e por promocionar parte do patrimonio cultural de Foz.
Dunha maneira moi especial queremos agradecer a Xesús do Breogán e a Antón Niñe, que nos consta e damos fe que levan enriba moitas horas de traballo e investigación totalmente desinteresadas para que a gran obra do seu AMIGO non quedara no esquecemento. GRAZAS (en maiúsculas) polo tempo e sobre todo polo voso cariño.
A Suso Fernández (Cronista Oficial de Foz) polas súas palabras na prensa.
A todos os que colaboraron dalgunha maneira no acto de presentación e na exposición: Carmen Seco, Mª José, Jacobo, Manolo da imprenta, Pacucho García, Pablo Cid…
Ós que asistiron á inauguración e exposición e ós que pasaron a vela todos estes días.
Ós colexios, a Radio Foz e a todos os medios de comunicación.
Todo foi un éxito, pero non só polo traballo, que tamén, se non pola gran calidade humana que hai en toda a xente que colaborou. ¡Sodes xeniais!
Estamos tremendamente orgullosos, agradecidos e seguros de que Pepe de Burón tamén o estará, alí onde se atope.
¡NORABOA E MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS!
Susana Gutiérrez e familia.

Exit mobile version