Site icon Crónica3.com A Mariña

As artistas Lara Buyo e Ana Corujo, pertenecentes ó COLECTIVOLAG, reflexan o seu malestar por non poder amosar a súa obra na Semana das Artes por falta de medios técnicos

Viveiro 16-4-18. As artistas Lara Buyo e Ana Corujo, pertenecentes ó COLECTIVOLAG, fan chegar unha nota a
Asociación cultural Tá en artes, responsable da quinta edición da exposición da Semana das Artes da Mariña na que reflexan o seu malestar por non poder amosar a súa obra nesta edición por falta de medios técnicos para a visualización de dous vídeos onde se amosaba parte da obra titulada : De feito parella, consistentes en amosar a firma no Rexistro Civil, e outro amosando as contestacións das propias artistas ás preguntas que se lle fan ós matrimonios de conveniencia. A obra contaba ademais con dous traxes de noiva e o certificado enmarcado. O dia da inauguración as artistas mostraron o seu malestar recollendo os traxes e mostrando as camisetas que se poden observar na foto, o texto das camisetas era: “non se pode visualizar esta obra por falta de infraestructura”.
Como organización, Tá en artes, solidarízase cas artistas e a falta de medios que ven reclamando para o CENIMA de Foz dende hai máis de cinco anos, e converter a sala nun espazo de exposicións permanentes , dotándoa de persoal, infraestrutura económica e programación estable para a comarca. O luns 16 de Abril Tá en artes ten convocada no propio CENIMA un debate en directo en colaboración con Radio Foz, no que intentan abordar a situación da Arte na Mariña, xunto a políticos, artistas, e medios de comunicación, e invita a asistir a tódalas persoas que o desexen.
Tá en artes é unha asociación sen ánimo de lucro que non ten cota de asociados e non recibe subvención algunha para realizar as actividades. A asociación intenta educar e dinamizar a Arte na Mariña poñendo enriba da mesa, o seu traballo de xestión, para poder realizar as exposicións, editar os catálogos e coordinar as visitas e traballos de máis de 2000 alumnos/as da Comarca, así como de máis de 90 profesores implicaados. Non temos capacidade para infraestrutura, agás as que negociamos cos concellos a Deputación, e a Mancomunidade da Mariña que son as entidades que prestan as axudas e ás que lles mostramos sempre o
agradecemento. Pero o noso traballo non consiste en parabéns e verbas amables, senón en intentar realizar ó noso traballo ca calidade e nivel que os/as mariñáns se merecen. Aceptamos os nosos erros como organización, asumindo as críticas dos colectivos cos que traballamos e do mesmo xeito facémolo cas autoridades responsables, non para xenerar polémica inútil senón para mellorar o traballo .
Por iso solidarizámonos con esta protesta ( así colocamos un cartel no único vídeo dispoñible)
para que entre todos e todas melloremos o servizo cultural que intentamos desenvolver.

Exit mobile version