Site icon Crónica3.com A Mariña

As Concellerías de Servizos Sociais e Inmigración de Burela organizan unhas xornadas de mediación social dirixidas a persoas inmigrantes e familias con fillos menores a cargo. Darán comezo este venres

As Concellerías de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar e de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela, organizan unhas Xornadas de Mediación Social dirixidas preferentemente a persoas inmigrantes e familias con fillos menores a cargo. Segundo explican Patricia Otero e Angélica Gómez “as temáticas a tratar serán: a prevención de conflitos no ámbito escolar, a saúde afectivo sexual, a educación para a saúde, a organización doméstica e económica e a alimentación saudable”. As xornadas terán lugar os días: 20, 25 e 27 de abril e 2 e 4 de maio en horario de 10 a 13 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version