Site icon Crónica3.com A Mariña

“AVISPIÑA DO CASTIÑEIRO”, por E. Lombardero Rico

Nesta semana e nas próximas estamos no mellor momento para eliminar as bugallas da avispiña do castiñeiro. As “bugallas” son como unas boliñas verdes ou coloradas de varios milímetros de díámetro que se ven nas follas ou caniñas e que conteñen as larvas ou pupas da avispiña. Se non se eliminan axiña, de cada unha poden sair ata cen avispiñas ou mais. A data de emerxencia soe ser a mediados de maio, polo tanto compre eliminalas agora. As canas con bugallas deben ser queimadas ou enterradas a mais de 50 cm.

En google hai abondosa información sobre todo o proceso e danos da avispiña chinesa do castiñeiro, polo tanto aforramos extendernos. Concretamente hai un informe da Xunta de Galicia onde se aporta toda a información necesaria, pero agás outras formas teóricas de loita entendemos que dende o ponto de vista práctico o único que se pode facer agora é a eliminación manual das canas afectadas.

(MEDIDAS CONTRA A AVESPA CHINESA DO CASTIÑEIRO (Dryocosmus kuriphilus) Autores Roi Torrente Pérez Josefa Fernández López Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural e do Mar Centro de Investigación Forestal de Lourizán)

Debe suliñarse que moitas prantas pequenas, nadas de semente natural deben controlarse e eliminarse se están afectadas, que convén facer unha revisión semanal das árbores e do terreo ata mediados de xunio e que non é preciso eliminar as canas que non esteñan afectadas, o cal non quer dicer que non poidan abrollar as bugallas na semana seguinte. Naturalmente nas árbores grandes a cousa e moito mais complicada por razón obvias. As prantas de tamaño mediano, se están moi afectadas, pódense tumbar polo pe, tendo en conta que var rexotar libres da infección polo menos ao primeiro. Ou sexa poden infectarse de novo mais adiante, pero a raíz e tronco non están afectados.

As miñas observacións demostran que este ano o ataque na Mariña é moi extenso. Prsuntamente nas zona do interior vai ser maior. Estes días fixen viaxes por varios concellos e non hai nengún ceibe da invasión. Sería moi desexable que a administración fixesen algo práctico, polo menos informar, pero se hai unha movilización do vecindario cecais se poida conquerir, se non a eliminación da avispiña, polo menos un pequeno control. Neste senso debe suliñarse que unha árbore limpa de bugallas agora vai quedar limpa para todo o ano.

Tamén debe suliñarse, e non é nada baladí, que as picaduras da avispiña do castiñeiro poden producir gravísimas reaccións alérxicas, ca particularidade de que son moi pequeniñas (2-4 mm) e andando polo monte un non se decata delas ata que as ten debaixo da roupa ou da pulseira do reloxio (experiencia persoal).

Como moitos veciños non se van enterar destas notas voluntaristas prégase a máxima difusión aos medios, particulares, colectivos etc.

Exit mobile version