Site icon Crónica3.com A Mariña

Baile 100% con Os Cempés

Ribadeo 17-4-18. SÁBADO 21 DE ABRIL NO CIRCULO HABANERO DA DEVESA. RIBADEO.

O Baile 100% con Os Cempés é unha invitación a bailar en parella, en roda, solto, en cadrado e un bon momento para aprender tamén novos bailes galegos e do mundo.

Os Cempés convídavos a gozar e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos nun obradoiro posterior ao baile de noite. Para iso escolleron danzas donde non hai lugar para a competición e donde o mais importante é pasalo ben en comunidade, interacionar entre todas e todos cun sorriso nos labios.

O baile e o obradoiro está guiado e amenizado por: Serxio Cobos como voz e guía, Oscar Fdez na zanfona e cavaquinho, e Roberto Grandal no acordeón.

Organiza o grupo de Falapandeireta Erikas e Peluxias (Rinlo) e colabora o Circulo Habanero da Devesa.

Programa_

19.30h- 21.00h. OBRADOIRO DE BAILE. Colaboración 5 euros.

21.00- 22.00h . Pinchos e bebida. Colaboración 5 euros.

22.00- 24.00 BAILE 100%. ABERTO A TODOS OS PÚBLICOS QUE VIÑERAN OU NON AO OBRADOIRO. Colaboración 5 euros

Inscripción ata o 18 de abril, whatsapp 648944701

Pode-se ir só ao baile e non ao curso.

Exit mobile version