Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro aplaude a I Xornada de Educación Física na Rúa, que reúne a colexios da Mariña, por “crear espazos de convivencia en torno ao deporte”

Cervo, 25 de abril de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, percorreu hoxe algunhas das actividades programadas na I Xornada de Educación Física na Rúa que se desenvolve en San Cibrao, no municipio de Cervo, coa participación de máis de 500 escolares.

O delegado aplaudiu esta iniciativa, que xurde dos docentes implicados no Seminario de Educación Física da Mariña, por “crear espazos de convivencia en torno ao deporte”. Os alumnos participantes proceden do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Número 1 de San Cibrao (Cervo), do CEIP de Cervo, CEIP Luis Tobío de Viveiro, os colexios de Galdo e de Celeiro (Viveiro), o Virxe do Carme de Burela e o Gregorio Sanz de Ribadeo. Tamén participan alumnos do CEIP Aquilino Iglesias de Abadín.

Exit mobile version