Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña céntimo solidario da ACIA Foz

FOZ, 25-04-2018. Un ano mais a asociación de comerciantes ACIA FOZ/CCA pon en marcha a campaña “Céntimo Solidario” a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Non nos pasa desapercibido o esforzo que realizan os seus asociados para colaborar en esta campaña e consecuentemente queremos agradecer publicamente ese esforzo e a vez facer público que una parte importante de esa colaboración revirte en servicios integrais a os enfermos de cáncer e familiares.
Gracias a estas e outras campañas os enfermos de cancro e familiares xa dispoñen de atención psicolóxica gratuíta en A Mariña e ademais a AECC conta con 40 pisos e residencias cuxo fin e acoller, totalmente gratis, a nenos e adultos enfermos de cancro e os seus familiares cando o tratamento oncolóxico supoña un traslado desde o domicilio habitual.
A investigación, e o apoio psicolóxico, a atención social, a orientación sanitaria, e o acompañamento son a nosa razón de ser, por elo, ofrecemos servicios de apoio y acompañamento que garantirán a atención dos enfermos e familiares independentemente de onde residan.
Por elo, pedimos a todos os enfermos de cancro que pensen no servicio que mellor se axusta as súas necesidades e o soliciten directamente chamando o teléfono número 982 250 809 de la Xunta Provincial de Lugo ou acuda persoalmente a súa delegación local da AECC mais cércana.
Estas son as razóns que nos moven a invitar os veciño/as en xeral da Mariña que do 27 de abril a o 6 de maio fagan a súas compras nos comercios de Foz e participen co seu donativo en esta solidaria campaña a favor da Asociación Española Contra el Cancro.

DELEGACIÓN LOCAL DE FOZ
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER

Exit mobile version