Tabla de ibéricos, croquetas caseiras, chipiróns fritos e revolto de setas con xamón para dar paso ó segundo prato composto de carrilleiras ibéricas. A sobremesa será surtida,e non faltará o café e o viño godello e mencía .
As entradas teñen un prezo de 25 € e poderán recollerse ata o próximo luns, 16 de Abril , nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo, na Unidade Residencial de Cervo (en horario de 10-14 h), e nos Restaurantes O Rincón do Mis (Foz) e Mis en plas (Burela).
Trátase dunha cea benéfica, recaudando a Asociación 5 € en cada plato, destinados íntegramente á labor realizada nos distintos dispositivos da Asociación . Ademáis, cada usuario dos Centros que queira asistir só terá que pagar os 20 euros do plato, dado o carácter benéfico da mesma.
Asimesmo, puxemos á venda unhas entradas fila cero, para todas aquelas persoas que queren colaborar coa causa pero que axenas á sua vontade non poden acudir ó evento.
A velada estará amenizada por MORAIMA DISCO MÓVIL , que desinteresadamente quere colaborar coa causa , a quen agradecemos enormemente esta iniciativa e sensibilidade especial co noso colectivo.
No transcurso da cea SORTEAREMOS UNHA ESTANCIA PARA DÚAS PERSOAS DENOMINADA “DOUS DÍAS CON ENCANTO” .
Dende a Asociación convidámolos a que se unan a esta xuntanza para disfrutar dunha noite divertida, relaxada e en boa compañía e tamén para traballar todos xuntos por romper co estigma que acompaña ás persoas con enfermidade mental e mellorar a súa calidade de vida.