Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea VII Campionato tute Burgo de Trasbar

O VII Campionato de Tute organizado pola Asociación de veciños do Burgo de Trasbar contou este anao con dez parellas participantes. O sábado 21 tivo lugar no Local social a cea de entrega de premios ás tres primeiras parellas clasificadas. Os gañadores foron as parellas formadas por Abelardo e Manolo (terceiro clasificado), Eladio e Torres (segundo clasificado) e Santi e Ramón (primeiro clasificado). Dende a Xunta Directiva, agradecen a boa acollida rexistrada nesta edición e esperan contar con todos eles en vindeiras edicións.

Exit mobile version