Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre TEA no colexio de San Cosme de Barreiros

Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros recibiron este luns información sobre o TEA e a Síndrome de Asperger por parte de dúas expertas que se trasladaron ás instalacións do centro. Alí explicaron que son estes trastornos e como tratar ás persoas que os sofren. As expertas levaron unha compañeira moi especial: unha cadela labrador chamada Vilma que forma parte do proxecto de terapias con animais.

Exit mobile version