
Burela 5-4-18. Esta mañá un grupo de xogadores e xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén visitaron as escolas infantís da localidade e fixeron as delicias dos máis pequen@s. Tamén esta mañá se deu un baño de masas o xogador de baloncesto do Obradoiro CAB Jordan Bachynski, que pasou polos Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme. Moitos foron os que aproveitaron a ocasión para facerse fotos co pívot canadiense, que esta tarde participará nun Clinic de Baloncesto coas escolas do CB Burela. Será no pavillón Vista Alegre de 18:30 a 20:00 horas.
A primeira xornada da Semana do Deporte rematará cunha mesa redonda sobre Deporte Profesional, que se celebrará ás 20:30 horas no salón de conferencias.