Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela diante da pasividade do concelleiro de turismo rexistrará unha petición para preservar a seguridade nas xeorutas e na Igrexa de Coeda

Burela 16-4-18. Burela ten un enorme atractivo no eido xeolóxico que pode ser un valor de atracción turistica. Neste senso, dende Compromiso por Galicia de Burela, temos que recoñecer que o Concello está levando de xeito adecuado a súa promoción, parábanmos a realización das xeo-rutas como polo de atracción do turismo, que ó mesmo tempo ten un grande valor pedagóxico.
Mais neste senso queremos denunciar a falla de capacidade do Concello de Burela e do concelleiro de turismo para actuar, máis aló que de facer de mero promotor.
Diante da pasividade do Sr. Ramiro Fernández, CxG Burela vai rexistrar, na delegación da Xunta de Lugo, unha solicitude para que se faga un informe sobre o estado de seguridade da denominada “Igrexa de Coeda” para garantir de este xeito as medidas oportunas e evitar accidentes como o das Catedrais.
É certo que é competencia da Xunta pero non é menos certo que compre ó Concello demandar istes asuntos.
Dende CxG Burela entendemos que se o concelleiro e o goberno de Burela estivesen centrados no seu traballo esta demanda xa se tiña que ter feito, previa á posta en valor do monumento natural que constitúe este paraxe. Dende o PSOE están moito máis preocupados de facer entrevistas para vender unha Burela irreal que de artellar aquelas medidas que poden dar calidade a unha iniciativa boa, e que ademais poden ser un importante parámetro de seguridade tendo en conta que o propio informe pode descubrir a necesidade de actuacións que preserven a propia formación singular.
Para potenciar o noso Patrimonio con calidade compre facer algo máis que saír na prensa, compre facer xestión.

Exit mobile version