Burela 2-4-18. Vimos de pasar unhas datas importantes para o turismo da nosa Vila, a Semana Santa. E dende CxG Burela recollemos as queixas de moitos visitantes sobre a falta de coidado do noso pobo. Un claro exemplo é o parque de Suafonte con total desprezo por parte do goberno “progresista” de Burela cara a fonte do mesmo. A día de hoxe non funciona e unicamente é un criadeiro de insectos e larvas, que incluso incumpre as condicións sanitarias, está e a política de Burela Bonita de Señor Llano.
A situación da fonte é lamentable: con pintadas, desconchóns, sistema eléctrico en mal estado e sen funcionamento o que fai que na agua estancada proliferen insectos e produce olor. As queixas dos veciños non son atendidas polo goberno que so atende ós seus amigos e seguidores.
Este parque é un bo miradoiro para o porto e tamén un lugar agradábel de esparexemento, polo que dende CxG Burela solicitamos publicamente:
•Adecentamento da fonte e posta en funcionamento.
•Aumento da dotación da zona de xogo infantil, hoxe moi pobre.
•Colocación de paneís informativos da vista que se pode ver cara o peirao.
•Adecuación do mobiliario urbano roto.
Non se pode pensar en peonalizar rúas cando o que se ten non ten un mantemento correcto, Burela Bonita a pesares do goberno local inoperante.