Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado centrais sindicais RPT da Deputación Provincial

Lugo 17-4-18. Os sindicatos da Deputación Provincial de Lugo con representación na Xunta de Persoal, Comité de Empresa e Mesa Xeral de Negociación emitimos o seguinte COMUNICADO en relación co Acordo asinado co Goberno Provincial e que non foi ratificado polo Pleno do día 27 de marzo.

Como todos/as sabedes, o ACORDO de Modificación parcial da RPT, mellora da Carreira Horizontal, (Postos de Entrada, Nivel I, Nivel II e Expertos) e creación dunha Comisión Técnica de Resolución das reclamacións da Produtividade), non foi ratificado polo Pleno por mor do cambio do sentido do voto do Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e o deputado do Partido Socialista Sr. Martínez.

Este cambio de postura, incoherente e pouco meditada, que nada tivo que ver co ACORDO e si con cuestións políticas que se visualizaron con toda claridade posteriormente, impediu a súa aprobación definitiva e creou unha situación de incerteza no canto da resolución deste asunto pola complexidade que se nos presenta á hora de resolvelo.

Para conquerir un acordo tan amplo, que afecta a todo o persoal desta institución e de xeito directo e inmediato a 304 traballadores e traballadoras, foi necesario que as catro centrais sindicais fixeramos concesións nas nosas propostas iniciais e creáramos un clima de entendemento e confianza mutua que nos permitiu ir achegando posturas.

Dito o anterior e co único ánimo de ser xustos, o ACORDO non sería posible sen a vontade e o interese que puxeron o Presidente da Deputación e o seu Deputado de Persoal para sacalo adiante, e así o fomos constatando nas múltiples reunións que mantivemos ao efecto.

Chegados a este punto, os/as representantes sindicais manifestamos a nosa mais firme vontade de sacar adiante este ACORDO e estamos traballando en fórmulas que permitan facelo efectivo.

Os sindicatos solicitamos a todos os partidos políticos altura de miras que permita resolver esta situación e que as melloras do persoal da Deputación non se utilicen como moeda de cambio noutras cuestións políticas que nada teñen que ver con este asunto.
Os traballadores e traballadoras desta institución non podemos ser reféns das liortas políticas.

Exit mobile version