Site icon Crónica3.com A Mariña

Delito contra a seguridade viaria en Burela.

Burela 29-4-18. Na noite do sábado ao domingo 29 de abril, a Policía Local de Burela sorprendeu no casco urbano a un condutor dun turismo, varón de 46 anos de idade, que triplicaba a taxa de alcohol permitida en aire expirado, polo que instruiron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, dando conta ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Viveiro.

Nesa mesma noite identificaron a outro condutor dun turismo, tamén varón, de 35 anos, que deu positivo en presenza de drogas e ao mesmo tempo dobraba a taxa permitida en alcohol, polo que foi denunciado administrativamente cunha multa de 1.000€ e 6 puntos pola primeira infracción e con 500€ e 4 puntos pola segunda.

Dende a Policía Local de Burela fan fincapé na importancia de non conducir despois de consumir alcohol ou calquera tipo de droga co fin de garantir a seguridade viaria, non só nas vías interurbanas, senón tamén no casco urbano.

Exit mobile version