Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da república en Regal Xunqueira Viveiro

Viveiro 11-4-18. Un ano mais A xente de REGALXUNQUEIRA E REGAL CERAMICA celebramos o dia da republica o 14 de Abril. Recordamos que en outros anos colocamos unha placa co nome de PRAZA DA REPUBLICA na placiña situada entre o Museo da Cerámica e o Museo da Curtiduria, noutra ocasión colocamos outra praca NA PRACIÑA DE ENFRENTE DE REGAL XUNQUEIRA, NO CAMIÑO REAL, antigo acceso a Cidade de Viveiro :”A OS HOMES E MULLERES QUE VIVIRON E MORRERON DEFENDENDO A LIBERDADE, A XUSTIZA E A LEGALIDADE DA II REPUBLICA
VIVEIRO ABRIL DE 2014. Noutras ocasións houbo recitales de poesía e música, proxecion de documentales, conferencias, gaiteiros e todo elo aderezado cun bo xantar da Cofradia republicana.

PROGRAMA DESTE ANO

A 1 da tarde descubremento da placa que da nome a o paseo fluvial dende Verxeles a Portochao PASEO ALCALDE CERDEIRAS 1903-1937. Fusilado en Lugo o o 12 de marzo de 1937 lectura da acta do pleno onde se decideu este nomeamento coa participación da Alcaldesa de Viveiro Maria Loureiro a corporación Viveirense, Partidos Políticos e outras entidades e asociacións.
O Cronista de Viveiro Carlos Nuevo Cal fará no acto unha semblanza do homenaxeado…e o final un grupo de músicos interpretara o himno galego. E farase un recordo especial das mulleres e homes da bisbarra que deron a sua vida e sufriron represión por mor da defensa da segunda republica.lendo unha lista destes defensores da liberdade.

A continuación celebrarase un xantar de confraternización en Viveiro, as poersoas interesadas teran que anotarse no 664543103 antes do sábado 14.

Exit mobile version