Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 27 de abril ao 6 de maio desenvolverase a campaña “céntimo solidario”, que organizan o Centro Comercial Aberto de Foz e a delegación local da AECC co obxectivo de recadar fondos para esta asociación

Foz, 19 de abril de 2018. O Centro Comercial Aberto de Foz colaborará un ano máis coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro. A súa presidenta, Antonia García Fra, e o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, presentaron a campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 27 de abril ao 6 de maio.
Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar.
Antonia García Fra e José Carlos Paleo fan unha chamada á solidariedade porque “toda axuda é importante”.
Premios Ruta de Tapas
O vindeiro martes, 24 de abril, ás 21:30 horas no Tangarte Mariñeiro terá lugar a entrega de premios aos gañadores da XV Ruta de Tapas, que se celebrou en Foz a pasada Semana Santa. Nese acto recibirán os seus galardóns Bar 78, Anduriña e O Lar de Bustos.
30 Aniversario da Acia focense
Acia/CCA de Foz está de aniversario. O 16 de maio no hotel restaurante Leytón terá lugar unha cea para celebrar os 30 anos que cumpre a asociación. Nese acto renderase unha homenaxe, un recoñecemento a Suso Fernández que foi o primeiro presidente de Acia Foz, posto no que permaneceu durante 15 anos. Acia/CCA de Foz ultima os preparativos de este especial evento.

Exit mobile version