Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 7 ao 30 de maio será impartido no concello burelés un curso básico de ofimática. Está destinado aos inmigrantes residentes na localidade. O obxectivo é que “acaden un bo grao de integración”, segundo a edil Angélica Gómez

Burela, 30 de abril de 2018. A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela, a través do Programa de Inmigrantes, organiza un curso formativo para axudar a acadar un bo grao de integración da poboación inmigrante residente na localidade. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social e polo Fondo Social Europeo.
Segundo explica Angélica Gómez “trátase dun curso básico de ofimática e está dirixido a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender programas e ferramentas básicas relacionadas co campo da informática para así aumentar a súa formación e empregabilidade”. A edil de Inmigración e Cooperación subliña que “o que queremos é axudarlles a acadar un bo grao de integración en Burela”.
Terá unha duración de 50 horas e será impartido do 7 ao 30 de maio no Concello de Burela. As persoas interesadas en acudir poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao seguintes números de teléfono 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

Exit mobile version