Pola mañan a partir das 11:00h. ata as 13:30h, a ACD.XOVE, organiza unha xornada de portes abertas, para rapaces e adultos que queiran probar xogar a Badminton. Montaranse no Pavillon Municipal de Xove 4 pistas de Badminton, para todos aqueles que queiran botar unhas partidas, e disfrutar dunha mañá deste bonito deporte.
Pola tarde a partir das 16:30h. xogarase o Campionato Comarcal Escolar de Badminton, para as categorias Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete. Neste campionato participaran as seguintes entidades: AD.San Roque (Viveiro), AD.Martinez Otero (Foz). ED.Lourenzá, e ACD.Xove.