
Nesta ocasión a actividade titulouse “A importancia da auga”, e grazas a ela aprenderon o importante que é a auga para que haxa vida, a necesidade de non malgastala e de non contaminala. As monitoras manifestaron: “pensamos que é moi importante que os rapaces se decaten do privilexiados que son por obter auga con só abrir a billa, e que só por iso están na obriga de facer un uso sostible da mesma e non contaminala”.