Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta martes as monitoras de Gaia, da Concellería de Medio Ambiente de Burela, estiveron cos alumn@s de 1º de Primaria do CEIP Virxe do Carme

Nesta ocasión a actividade titulouse “A importancia da auga”, e grazas a ela aprenderon o importante que é a auga para que haxa vida, a necesidade de non malgastala e de non contaminala. As monitoras manifestaron: “pensamos que é moi importante que os rapaces se decaten do privilexiados que son por obter auga con só abrir a billa, e que só por iso están na obriga de facer un uso sostible da mesma e non contaminala”.

Exit mobile version