Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado día 28 de abril, ás doce e media da mañá, na Sala Bahía de Foz, vai actuar o grupo de música infantil A Banda dos cueiros

Este grupo fai música para pícaras e pícaros de 0 a 8 anos. Naceu ao abeiro do proxecto Espazo Lector, en Gondomar de xeito un tanto informal, as súas cancións conectan moi ben có público infantil e están a ter moito éxito. A actuación organízaa a ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asignatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.

Exit mobile version