Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres e sábado, 27 e 28 de abril, haberá unha degustación de tapas en Foz na que se dan cita 11 locais hostaleiros. A iniciativa está organizada polo Centro Comercial Aberto

Serviranse o venres de 20 a 23 horas e o sábado de 13 a 15 horas pola mañá e de 20 a 23 horas pola noite. O prezo da tapa será de 2 euros. Os establecementos que se dan cita nesta degustación gastronómica son: Aroma Café, Cafetería Mayros, Happy Days, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, O Lar de Bustos, Bar 78, Casa Maño, Restaurante Costumes do Mar, Fraggle Rock Café e Restaurante Dandy. O evento foi presentado hai uns días por Ramón Río, Celia Núñez e Rubén Rodríguez, membros da directiva do CCA focense que animan a participar nesta nova cita gastronómica.

Exit mobile version