Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito na primeira xornada das V Olimpiadas interparroquiais de Alfoz

Un ano máis, e xa van cinco, o Concello de Alfoz está a celebrar as súas Olimpíadas Interparroquiais. Deron comezo o pasado sábado 7 de abril, coas probas deportivas, onde os participantes dos distintos equipos tiveron que enfrontarse, por parroquias, a baloncesto 3×3 e a fútbol sala. Esta primeira xornada deportiva deixou na cabeza da clasificación o equipo da parroquia de Castro de Ouro con 200 puntos, seguido do equipo de Carballido con 140 puntos. O vindeiro sábado 14 é a quenda das probas culturais as 17,00 no pavillón municipal.

Exit mobile version